Un estudante comeza a súa vida de aprendizaxe dende moi cativo , nunha escola de educación primaria na que realmente non aprendes moito e perdes uns valiosos anos da túa vida, ¡que é o único que aprendes!; ensínante a abrirte o mundo coma escultor e coma pintor basicamente, xa que só fas monecos de plastilina e coloreas debuxos, e segundo vas ascendendo de curso vamos iniciándonos nas matemáticas e na lingua... No caso das matemáticas aprendemos a sumar e a restar co famoso e mítico exercicio das series,(aínda que nunca superando o numero 100) e na lingua empezamos a coñecer as letras cos grandísimos libros que todo estudante tivo que facer algunha vez; ¡algún dos libros de caligrafía de Santillana!.
Tan pronto chegamos a 6º de primaria todo estudante pensa que é o seu fin, xa que nos ensinan a multiplicar e a dividir e algunha raíz ca outra (neste caso so ata as tablas do 5). Os mestres sempre che ensinan algún truquiño para que lembrala che sexa mais doado (ex.: 5 por 5 : 25 por el culo….). Logo, aquel estudante que na primaria non fixera a excursión ó zoo é que non tiña infancia, xa que era a excursión que todo rapaz fixo algunha vez neses anos… o que nunca entenderei e ¿Por qué o zoo? “nin que nunca visemos un animal tendo varios anos enteiros ós mestres cinco horas diante ...” Pero o verdadeiro e gran salto dun estudante é pasar os ensinos secundarios (ESO) xa que poucos chegan a universidade “si poucos, moi poucos”…
Na ESO todo rapaz empeza con un pouco de temor pero ten certa ilusión, aínda que nese caso a ilusión e o 1º que se perde, porque ó levar tres meses no instituto xa ven o 1º boletín de notas e non solen vir nin unha nin dúas senón una carretilla delas. E nese momento é onde se empeza a ver se o rapaz vai a ser un bo estudante ou o “tan coñecido mundialmente coma fracaso escolar”…E segundo vas pasando os anos nese instituto vas facendo excursións coma son (tamén moi míticas) a do Domus e o acuario de Coruña…. Coma todo viaxe no autobús faise longo e cansino, entón empezas a distraerte cas rapazas e namóraste e logo elas xa che levan a mente a outra parte e empezas a deixar os libros de lado ¿e coma non? se “tiran mais dúas tetas ca dúas libretas”.
E aí é onde as mulleres sacan a estatística de que son mellores estudantes que os homes, e ti coma home non podes facer nada contra o que che di un refrán…(o anteriormente nomeado).
Logo a min rómpeme aquela xente que di que a vida dun estudante é a mellor .E ti pensas ``¿como vai ser a mellor se todas as mañás tes que madrugar para logo ter que estar 5 horas nunha cadeira, que parece una cadeira de torturas, escoltando a voz de alguén, suponse que será a do teu Mestre, que non te deixa entrar profundamente nun soño?”, e realmente o colmo de todo isto é que os estudantes o facemos todo totalmente gratuíto : ¡¡si gratuíto!!… e coma din as nais “nesta vida non dan nada gratis” ¿entón nos que facemos?…Ben, que o fin e o cabo isto e un cachondeo. Non todo vai ser malo; os estudantes ó final levan a súa recompensa que é a excursión de fin do curso. Para ir tes que pasarte un ano vendendo cousas para ir gañando cartos e isto faise en 4º de ESO (xa me explicaredes porque a xente repite nese curso).
O rematar os estudios obrigatorios un dia atópaste camiño da túa habitación coa túa nai e solo a ela se lle ocorre preguntarche ¿cariño que queres ser de maior? E ti co sorriso frouxo pensas: “non sei”, e sempre te quedarás coa dúbida de para qué tantos anos desperdiciados , ai...será para ser Mestre!!.(sen comentarios)
O FIN E O CABO A VIDA DE ESTUDIANTE NON E TAN BONITA COMA A PINTAN…
TROGLODITA
viernes, 12 de junio de 2009
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
